Como todos os anos este ano tamén se celebrou na
escola o Día da Paz e da Non Violencia.
Durante estas semanas traballouse nas aulas este
tema.
Dende o cole pretendemos destacar a importancia
dunha educación dende a tolerancia e solidaridade.
Fixemos diferentes actividades para concienciar da
súa importancia, entre elas saímos ao patio para realizar as seguintes:
“ AS NOSAS PELÍCULAS POLA PAZ”:
Cada curso realizou un
mural referente a unha película relacionada coa Paz.
Saíuse ao patio e
xuntaranse todos os murais formando unha especie de fotograma ,par despois
colocalo no corredor do centro do colexio.
LECTURA
MANIFESTO DA PAZ, foi lido por alumnado de 6º de E.P.
BAILE
E CANTE DA CANTAROLA DOS NENOS E NENAS:
O alumnado de E.I bailou e
cantou esta fermosa canción
SOLTA
DE POMBAS : no patio soltamos pombas como símbolo da Paz.
LECTURA
LIBROS SOBRE A PAZ: Durante toda a semana na biblioteca do colexio realizaronse lecturas
sobre a paz na hora do recreo.
“RECOLLIDA
DE ALIMENTOS”: durante esta semana recollemos alimentos no colexio para doar ao Banco de
alimentos.