xoves, 23 de xuño de 2022

FESTA DE FIN DE CURSO 2022

 Para rematar o curso este ano tivemos unha semana moi entretida...


BAILE DA CANCIÓN TERRA DAS TANXUGUEIRAS

Os nenos e nenas do colexio  traballaron arreo ca mestra de música, para facer este baile.

Ademais, dende cada titoría levouse a cabo a realización duns antifaces moi similares ao maquillaxe que levan estas cantantes no seu videoclip.




ACTUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º E FESTA DE "GRADUACIÓN"


Para despedirse de todos nós, o alumnado de 6º realizou unha actuación moi especial para concienciarnos do dano da contaminación ambiental.

Ademáis tamén fixeron outra actuación musical cuns instrumentos moi peculiares.




AMONG NÓS

Nesta actividade a rapazada pasouno moi ben, consiste  nunha adaptación do popular videoxogo coñecido por todos os cativos e cativas.

O xogo tiña como obxectivo que a tripulación consiga superar todas as probas mentres as impostoras e impostores intentan impedilo saboteándoas.

Os retos a superar ían dende probas deportivas, xogos populares e probas cooperativas entre outras.


                                         

                                            

                                            

                                       







OBRAS DE TEATRO

O alumnado de 3º de EP, representou no Salón de Actos unhas obras que representaban uns contos moi coñecidos polos nenos e nenas, O coelliño branco e A toupiña que quería saber quen lle fixera iso na cabeza.

Temos uns actores e actrices no cole boísimos!!



  


 








luns, 20 de xuño de 2022

PONTEVEDRA COMO VILA PEREGRINA


Durante o mes de maio e xuño o alumnado de segundo e terceiro cilo estivo traballando O Camiño de Santiago, centrado na nosa cidade.

Aquí vos quedan algúns dos traballos:


VISITA DE TINO LORES:

Tino lores visitou aos alumnos e alumnas de 4º, para falarlles do Camiño.




   E fixemos unha dramatización dunha peregrina chegando ao Albergue Municipal.
Ao rematar os nenos e nenas quixéronlle facer un agasallo e deronlle uns fermosos debuxos feitos por eles elas.



TRABALLOS, EXPOSICIÓNS E MURAIS:

O alumnado fixo  traballos de investigación sobre o Camiño  e un mural que quedou moi chulo



                                 



                                                 

                                                 




                                             

TRAMO DO CAMIÑO DE SANTIAGO:


O alumnado de 2º e 3º Ciclo realizaron un tramo do Camiño de Santiago que paasa pola nosa cidade, a pesares de que o tempo non nós acompañou, pasámolo moi ben!