luns, 28 de decembro de 2020

"Xa é Nadal"

Este Nadal é moi especial por mor da pandemia. Aínda así tratamos de ambientar algo o noso cole.


Amósavosmos os fermosos debuxos que do Apalpador fixeron os cativos de 6º EI.

Os de 5º EP tamén colaboraron contándovos a historia do Apalpador ilustrada ao seu xeito.


O día 22 un grupo de intrépidas escenificaron a canción do Apalpador con linguaxe de signos para algún grupo de E. Infantil. Sentimos non poder subir o vídeo da actuación, pero si dicir que os pequenos e as pequenas quedaron encantad@s e correspondéronnos cunha actuación pola súa parte.

E, por suposto recibimos a visita do Apalpador que nos deixou como agasallo un libro para cada aula.




Bo Nadal!


martes, 8 de decembro de 2020

"Chega o Nadal"

 

Chega o Nadal, e, aínda que a maioría de vós agarda por Papá Noel, en Galicia dende hai moitos anos existe outra figura importantísima nestas datas: o Apalpador.

Se  queredes coñecer a súa historia, aquí vola deixamos contada polo alumnado de 5º curso do CEIP Nosa Sra de Xuvencos.

E se queredes cantar, facédeo con "Mamá Cabra", e os máis intrépidos tentádeo facer con linguaxe de signos.


Atoparedes moitos recursos máis no Bilbiopiquín!!


xoves, 3 de decembro de 2020

"Baixo o mesmo paraugas"

 

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

"Baixo o mesmo Paraugas" é unha iniciativa que agrupa a máis de 85 entidades sociais de toda Galicia unidas para reivindicar xuntas os dereitos de todas as persoas por igual.

Dende o cole quixemos sumarnos a esta iniciativa e puxémonos tamén baixo os nosos paraugas.




Amais disto cantamos (incluso as máis atrevidas con linguaxe de signos) e bailamos a canción de Macaco “Somos una marea de gente”

Completamos a nosa aportación con carteis nos que pretendemos dar visibilidade a este día.