venres, 24 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA

  Como cada 23 de febreiro conmemoramos o nacemento da nosa poeta máis emblemática.

Durante toda a semana estivemos facendo nas aulas diferentes Unidades Didacticas sobre a vida e obra de Rosalía.

Como actividade estrela, tivemos o noso Pasapalabra particular sobre a nosa Rosalía.

Ademáis o alumnado de 1º ciclo fixo unha actividade chamada "Rosalía nas nosas vilas" que consistiu nun intercambio telemático co alumnado do C.EI.P VIRXE DA BARCA de Muxía. Onde intercambiaron as vivencias de Rosalía en ambas vilas, ademáis recitaron e cantaron un anaco dun poema  de Cantares Galegos.

E para pechar a semana de Rosalía, fixemos un Serán de Rosalía onde contamos coa actuación do grupo tradicional "OS CHICHISOS" e alumnos e alumnas de diferentes aulas recitaron fermosas poesías.

Bailamos e rimos moito!!!













venres, 17 de febreiro de 2023

ENTROIDO 2023!!!!

                                   

    

                                           ENTROIDO 2023!!!!


Un ano máis  chegou unha das nosas festas favoritas O ENTROIDO, e no Vidal Portela celebrámolo por todo o alto.

O alumnado de segundo e terceiro ciclo fixeron fermosos traballos sobre O entroido galego e expuxéronos polos corredores.

Durante toda a semana estivemos traballando diferentes unidades didácticas sobre esta festa tan tradicional e con tanto peso na nosa Galicia.

Ademáis o venres saímos todos e todas disfrazados e disfrazadas da temática Pokemon, a facer un pequeno desfile ao redor do colexio e o alumnado de 6º realizou unhas coreografías moi chulas.

                                                                   



                                                                   


                                                               Que ben o pasamos!!!