venres, 25 de novembro de 2022

25 DE NOVEMBRO

    25 N 


O Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller ou o Día Internacional da Violencia de Xénero conmemórase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as persoas, cando son discriminadas polo seu xénero,  en todo o mundo e esixen políticas en todos os países para a súa erradicación.

Foi declarado Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres no Primeiro Encontro Feminista de América Latina e o Caribe celebrado en Bogotá (Colombia) en xullo de 1981. A data foi elixida para conmemorar o asasinato das tres irmás Mirabal  en República Dominicana, en 1960.

 

En 1999, o día da reivindicación foi asumido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa resolución 54/134 do 17 de decembro de 1999, invitando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a convocar actividades dirixidas a aumentar a opinión pública sobre o Problema de violencia contra as mulleres

 

Dende o noso colexio quixemos conmemorar este día facendo uns LAZOS MOI ESPECIAIS, onde quedaron escritos os mellores desexos do noso alumnado para que se termine a violencia en todas as partes do mundo.











venres, 11 de novembro de 2022

TEMPO DE COGOMELOS



                 A PROCURA DOS COGOMELOS

O alumnado de 4º de E.P  realizou un Obradoiro sobre os cogomelos, onde aprenderon moito  sobre estes  fungos, ademáis puidemos disfrutar dunha exposición da súa colleita nos corredores do colexio.


             


                                  

                                                                           



EXPOSICIÓN DE COGOMELOS:







mércores, 2 de novembro de 2022

SAMAÍN E MAGOSTO


                                                 SAMAÍN

Chega o Samaín, tempo de contar e cantar terroríficas historias.
 O Samaín  é de orixe celta, e nesa noite se celebraba o final da tempada de colleitas e o  principio do  Novo  Ano no calendario celta. 

No cole, para celebralo, organizamos diferentes actividades: exposición de cabazas nos corredores do colexio, contacontos nas aulas, decoración aulas e espazos comúns, terrorífica exposición de contos na biblioteca.
E o xoves o alumnado poderá vir disfrazado para dar moito MEDOOOOOO!

O cole quedou TERRORÍFICO!!!




                                                                  O MAGOSTO


Celebramos  O Magosto  ao mesmo tempo que o Samaín, por iso este ano tivemos un “MAGOSTO DE MEDO”

Preparamos cancións, contos, xogos e nas aulas traballaronse diferentes unidades didácticas sobre esta festividade.

Contamos coa colaboración das familias para facer os cestos para gardar as castañas, que foron asadas no patio do colexio polo castañeiro o xoves 27.

E realizamos xogos tradicionais para todo o alumnado.




.

PASÁMOLO DE MEDOOOO!!!