venres, 25 de novembro de 2022

25 DE NOVEMBRO

    25 N 


O Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller ou o Día Internacional da Violencia de Xénero conmemórase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as persoas, cando son discriminadas polo seu xénero,  en todo o mundo e esixen políticas en todos os países para a súa erradicación.

Foi declarado Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres no Primeiro Encontro Feminista de América Latina e o Caribe celebrado en Bogotá (Colombia) en xullo de 1981. A data foi elixida para conmemorar o asasinato das tres irmás Mirabal  en República Dominicana, en 1960.

 

En 1999, o día da reivindicación foi asumido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa resolución 54/134 do 17 de decembro de 1999, invitando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a convocar actividades dirixidas a aumentar a opinión pública sobre o Problema de violencia contra as mulleres

 

Dende o noso colexio quixemos conmemorar este día facendo uns LAZOS MOI ESPECIAIS, onde quedaron escritos os mellores desexos do noso alumnado para que se termine a violencia en todas as partes do mundo.











Ningún comentario:

Publicar un comentario