xoves, 22 de novembro de 2018

"Seguimos coa Semana da Ciencia"


Tócanos a nós ser os anfitrións.
Con moitos nervios esperamos ás nenas e nenos do CEIP Viñas que nos devolvían a visita.




Como vedes recibiunos o noso científico particular. Seguro que os asustou un pouquiño!!!


Xa no salón de actos a presentadora e o presentador introducíronos nos experimentos que se ían levar a cabo.


Estiveron atentisimos!
De seguido comezaron os experimentos.



















Cando rematamos os experimentos merendamos xuntos no patio e por suposto xogamos.




No seguinte enlace podedes ver

Máis fotos e vídeos






martes, 20 de novembro de 2018

"Semana da Ciencia"


Mércores 14 e xoves 15 de novembro.

Por primeira vez, este ano, as mestras e mestres de 5º e 6º prepararon un proxecto en común co cole de Viñas en Poio.
Con non pouco esforzo, as nenas e nenos de Viñas prepararon e practicaron unha serie de experimentos para ensinarnos.
Proxectáronnos unha pequena curta sobre Albert Einstein.

Como vedes escoitamos con moita atención!!!


En grupo fomos pasando polas mesas en que expoñían os seus experimentos.







Impresionante!!!




























Tíñanos reservado unha sorpresa…unha gravación para o programa de radio!!



Ata cubrimos unha enquisa sobre o proxecto.




E, como remate, xogamos nenas e nenos dos dous coles xuntos no patio.
Estamos desexando que nos devolvan a visita!!!

"Tempo de magostos"


Encántanos a festa do magosto!  Unha das nosas preferidas.
Adornamos os corredores para ambientarnos. Cada curso fixo o que puido, pero todos colaboraban.



E por fin hoxe 13 de novembro chegou a festa do magosto á escola!
Non se podía celebrar de mellor xeito que realizando moitos xogos…
Facendo carreiras de sacos.












Saltando á corda.

Xogando co paracaídas. 



Lanzando aros e picas.



Os aros deron moito xogo, e, con eles xogaron dende os maiores do cole ata os máis cativos.





Tamén había quen encestaba castañas.



E, por suposto, non sería un magosto se non houbese unhas ricas castañas. Así que xa desde primeira hora Arsenio, Adrián e, coma sempre, contando coa inestimable axuda de Félix, comenzaron a asar as castañas.


Nalgún momento ata tiveron público.



Para recoller as castañas fixémolo en cucuruchos, cestas...


 Por fin chegou o momento de degustalas!!!




  Que boas estaban!!!

luns, 19 de novembro de 2018

"Panadeiras e panadeiros en Educación Infantil"


Mércores, 14 de novembro

As máis pequerrechas e os máis pequerrechos do cole foron panadeiras e panadeiros por un día.

Como introdución as mestras contáronlles un precioso conto.


Primerio tocoulle traballar ao panadeiro. Explicou paso a paso a elaboración do pan.


















Estiveron atentísimos.



Axudados polas mestras e baixo a atenta mirada do panadeiro tocoulles o turno.




Encantáballes meter as mans na masa!

O resultado foi unhas preciosas bolas listas para levar ao forno.



Hai quen ata comeu a masa antes de levala!!!

















E, para rematar  recibiron como agasallo un biscoito!

Clica aquí para ver a reportaxe completa.

domingo, 18 de novembro de 2018

"O Samaín"

Chegou o Samaín!!!

Celebramos a festa na última semana de outubro, e, para que todo saíse espeluznante  antes houbo que traballar arreo para ambientar as aulas, os corredores, a biblioteca,…
Había cabazas...

 Pantasmas...















 Murais terroríficos...













 Esqueletos...



 ...e máis cabazas...




Fixádevos nas pantasmas  que fixeron os máis cativos coas súas manciñas!!!






Clica aquí e verás que ben o pasaron.







Este si que é un corredor de medo!!!



Na biblioteca, os días 29, 30 e 31 tivemos sesión de contacontos terroríficos; as mestras fixéronos tremer de medo co seu aspecto e os seus contos.



Tamén se animaron a contar contos os pais e nais. Que ben o pasaron os cativos de 4º EI!!!




Como colofón o día 31 disfrutamos de merendas terroríficas que nós mesmos elaboramos.
Desde os máis cativos...



ata os maiores!!!