sábado, 30 de xaneiro de 2021

"Día da Paz"

 

“Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño".

Mahatma Ghandi

O 30 de xaneiro celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz. Neste día pretendemos destacar unha educación en, e, para a solidariedade, a tolerancia e o respecto aos Dereitos Humanos.

Os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

Este ano dende Escolas Asociadas Unesco preténdese dar a coñecer a figura de Rosa Parks.

Rosa Parks foi unha activista afroamericana, figura importante do movemento polos dereitos civís en Estados Unidos, en especial por negarse a ceder o asento a un branco e moverse á parte traseira do autobús en Montgomery, Alabama (Estados Unidos), o 1 de decembro de 1955. Por tal acción acabou no cárcere pero desatou un movemento social contra o racismo sen precedentes no seu país. 


 

Durante toda a semana dende os máis cativos ata os maiores realizaron actividades relacionadas con este día.

Adornamos os corredores e as aulas.

Traballamos en torno á figura de Rosa Parks.

 


Ata montamos un vídeo con mensaxes de paz no que colaboraron todos os cursos... a marabillosa “sopa de paz” que cociñaron os máis cativos, mensaxes de produción propia ou de escritores, músicos... de todos os estilos como John Lenon ou Jimy Hendrix.

Aquí tedes unha pequena mostra, o vídeo completo estará dispoñible na páxina web do Centro.