luns, 24 de febreiro de 2020

Día de Rosalía de Castro


Hoxe, 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía conmemorando o aniversario do nacemento da poetisa.




“Rosalía é umha rosa de cem folhas”
                        (Ricardo Carvalho Calero)


"21 de febreiro: festa de entroido"


Chegou o gran día: a festa de Entroido!
Como este ano a proposta da biblioteca para este curso leva por título “Un mundo de fantasía”, cada nivel ou ciclo elixiu un ser fantástico para o seu disfrace.
Había gnomos, maléficas, ninfas...


Concentramos no patio, e por orde, empezando polos máis cativos demos unha volta pola rúa para volver ao patio.








Xa no patio desfrutamos de varias actuación musicais por parte dos máis cativos e os maiores do patio.



Rematamos bailando con música de Entroido!

martes, 18 de febreiro de 2020

Chegou o Entroido!!



O Entroido é a nosa festa favorita. Encántanos disfrazarnos, por iso, este ano novamente estamos desfrutando esta semana do “xogo do Meco”.
Ata o de agora estas son as ordes que nos foi dando...









Veremos cal é o resultado final!!!


mércores, 12 de febreiro de 2020

"Urco: o rei do Entroido"


Achégase o Entroido!
Deixámosvos aquí un vídeo para que coñezades por que o rei Urco é o rei do Entroido en Pontevedra.
Perdoade os erros!!!




domingo, 2 de febreiro de 2020

"Día da Paz"



Comezamos a celebración deste día cunha “chocolatada con churros”. Foi todo un éxito.

Estaban boísimos!!!






Despois un compañeiro e unha compañeira de 6º leron un pequeno manifesto.

Deixámosvolo aquí xunto cunha pequena reportaxe gráfica.




Bos días a todas e todos!!


Desde o noso centro CEIP Manuel Vidal Portela, toda a comunidade educativa quere celebrar o Día da Paz e da Non Violencia, rexeitando todo acto vandálico e manifestando desde aquí, a Paz entre todas e todos os seres humanos.


O Día da Paz vense celebrando cada 30 de xaneiro, debido a que, un señor, chamado Mahatma Gandhi, que foi un líder pacifista, defendeu e promoveu a Non Violencia fronte a inxustiza e que, ademais, foi asasinado por defender estas ideas de Paz.

Para celebrar e levar o noso berro de Paz a todas as persoas, plantamos nas nosas aulas, xunto coas nosas mestras e mestres, a semente da LEDICIA, AGARIMO, PAZ, APERTAS, BICOS E DE AMOR..... para que estas palabras queden no noso interior e non nos esquecemos nunca do respecto e da igualdade entre todas e todos os habitantes do noso planeta chamado Terra.




Ademais, as nenas e nenos de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, xunto coa nosa mestra Alicia, ensaiamos unha canción chamada “Campás pola Paz”. A historia desta canción, versa de dúas persoas chamadas Francisco de Asís e o Sultán Al-Kamil, que nun bonito xesto de diálogo, reuníronse para celebrar a Paz no Mundo. Por eso, cada 4 de outubro, soan todas as campás no mundo a mesma hora: campanarios, carillóns e igrexas de todos os países do mundo.




Despois, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, imos facer unha “latucada”. As latas, foron adornadas por elas e eles mesmos para “ Dar a lata o máximo posible” para que se marche dunha vez por todas a Violencia e veña e se quede con nós a Paz.










Como parte final deste acto, imos soltar unhas pombas como símbolo de Unión e Paz entre cada un de nós. Para finalizar, repetide connosco esta frase:

NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ,
A PAZ É O CAMIÑO

Déixovos o resumo que da xornada fixeron as alumnas e os alumnos de 3º EP.


Máis fotos.