mércores, 25 de novembro de 2020

“Correlingua 2.020”

 

Dado que este ano, no mes de maio, as rapazas e rapaces non puideron saír á rúa por mor da pandemia celebrouse o Correlingua de xeito diferente.

Celebrouse unha gran festa en Narón na que participaron Cé Orquestra Pantasma e A Gramola Gominola e que foi presentada por Isabel Risco.

O pasado mércores 18 de novembro puidemos desde o Centro desfrutar desa festa.

Pasámolo en grande!!





xoves, 19 de novembro de 2020

"Chegou o día do magosto"

O pasado día 13 de novembro celebramos no cole o día do magosto. Non puido ser un magosto como outros anos, pero aínda así pasámolo ben.

Nas aulas debuxamos, preparamos cancións, contos...

E, por suposto, non sería un magosto sen a degustación de castañas.

Dende primeira hora Arsenio, coa axuda  dalgún outro colaborador e colaboradora estiveron asando as castañas.





Como non podiamos comelas no patio tivemos que comelas nas aulas, pero aínda así foi divertido.



Estaban riquísimas!!!

mércores, 11 de novembro de 2020

"Semana da Ciencia en Galego"

 

Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. 

O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.

Dende o CPPI Dos Dices de Rois está fermosa canción para denunciar a situación do noso planeta en relación ao medio natural e ao cambio climático: "Malia axuda o planeta”



Dende o CEIP Plurilingüe de Artes propoñen este experimento.

"O ciclo da auga: a choiva"

Pica aquí para velo

No noso cole fixemos hai dous anos varios experimentos, entre eles a erupción dun volcán.




Materiais que precisades:

·         Un volcán que se pode facer con plastilina, con papel maché..

Temos un xa feito no Centro por se queredes facer o experimento sen necesidade de facer o volcán.

·         Embude

·         Vinagre

·         Colorante alimentario

·         Bicarbonato  sódico

·         Deterxente líquido para vaixelas

·         Culler sopeira e culleriña de sobremesa

Como conseguir unha erupción?

Nun recipiente bota o bicarbonato, o  colorante e un pouco de deterxente. Con xabón para lavar os pratos conseguirá un bo resultado.

Axita os elementos ata que queden ben mesturados.

Bota a mestura no interior do volcán.

Verte polo cráter do volcán, con axuda dun embude, un bo chorro de vinagre. Retira rapidamente o embude e observa a reacción.

"Un magosto especial"

 

A castaña que rebentou de risa

Conto A Castaña que rebentou de risa con imaxes de María Casares Ruíz do blogue Lápiz, papel y goma. Montaxe Ana Martínez Rey. Voz Beatriz Rodríguez Martínez.