venres, 19 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

 

LETRAS GALEGAS

Este ano as Letras Galegas están adicadas a Francisco Fernández del Riego.

Durante este mes das Letras, no cole fixemos diferentes unidades didácticas sobre o autor e puidemos disfrutar dunha exposición duns bonitos carteis.

Ademáis, en colaboración co Equipo de Biblioteca, poidemos realizar como xa é tradición a Xincana das Letras.

Unha das tarefas propostas tiña como obxectivo a elaboración dun mural con retratos das persoas homenaxeadas ao longo dos 60 anos das Letras Galegas. Para ver máis imaxes da participación nestas xornadas podedes acceder á Galería da web do centro clicando na seguinte imaxe co resultado final dese mural:



Outra das actividades, que fixemos este mes foi un intercambio telemático, co C.E.I.P Virxe da Barca de Muxía, chamada "Falares Galegos" onde o alumnado, puido escoitar a peculiaridade do galego que se fala  na Costa da Morte.



luns, 1 de maio de 2023

O MAIO

                                                     O MAIO

Este ano dende o cole animámonos a facer o noso MAIO.

Coa axuda das familias e de toda a conunidade educativa conseguimos facer, con moita ilusión,  un fermoso Maio.

Para celebrar esta fermosa festa, ademáis de facer o Maio durtante toda a semana, estivemos traballando na elaboración dunhas pequenas coplas.

 o venres 31, saimos ao patio a cantalas ao redor do Maio.

Grazas ás familais de corazón!