mércores, 30 de outubro de 2019

"O gran día do Samaín"

Hoxe foi o gran día de Samaín no cole. Había de todo: bruxas, vampiros, ladróns, mortos viventes, catrinas...









Para empezar, un conto de medo que moitos de vós coñecedes.




Como vedes, os corredores estaban engalanados para a ocasión con todo tipo de decoración terrorífica!








Por suposto, aproveitaremos a noite de Samaín para que os nosos trasnos fagan conxuros que axuden a conservar a natureza.




E, para rematar, escoitade a historia do Samaín.














martes, 29 de outubro de 2019

"Segue a procura do tesouro no Samaín"



Tocoulles esta vez buscar o tesouro aos máis cativos do cole.
Mirade que ben o pasaron!!



Tamén o pasaron en grande as nenas e nenos de 1º e 2º. Percorreron todo o colexio en busca das pistas ata dar co tesouro.







"Decorando cabazas"


Esta fin de semana o alumnado do colexio estivo a traballar arreo baleirando e adornando a súa cabaza.


Mirade que marabillas!!!









domingo, 27 de outubro de 2019

"Samaín"


Estamos preparándonos para a noite máxica de Samaín, tempo de medos e contos terroríficos. Os corredores comezan estar ambientados.























Na véspera de novembro as mouras poden tomar maridos mortais e ábrense todas as covas  para que calquera mortal  o suficientemente valente poida botar unha ollada naqueles dominios, para admirar os seus palacios cheos de tesouros.
Por iso aproveitamos nós esta data para atopar o noso tesouro...




Tivemos que resolver xeroglíficos, mensaxes secreta, puzzles...








Ao fin conseguímolo!!!




Para empezar cos contos a ver que vos parecen estes.









mércores, 23 de outubro de 2019

"A Pontevedra lorquiana"

Hoxe, o alumnado de 6º E.P. coñeceu algo máis sobre o paso de Federico García Lorca por Pontevedra. Os artistas de Polo Correo do Vento deleitáronos contando a historia ao mesmo tempo que a ilustraba coa figura do poeta.

















Ao final todas e todos debuxaron ao poeta guiados pola man do ilustrador.



Mirade que marabillas!!!

















xoves, 17 de outubro de 2019

"Pontevedra, cidade lorquiana"


A semana próxima no Museo de Pontevedra “Polo correo do vento” vai contar e debuxar “Pontevedra cidade lorquiana”, na que coñeceremos a poesía en galego de Federico García Lorca.

Aquí vos deixo un pequeno “aperitivo”.