martes, 25 de decembro de 2018

"21 de decembro"


O 21 de decembro foi un día máxico no cole!!
Divertímonos no Festival que grazas á colaboración de todo o Centro, e, en especial de Iago, Roberto e Marta, foi marabilloso.
Non podía faltar a visita de Papá Noel.
Tróuxonos chocolates, caramelos, e, sobre todo moita ilusión!
Tanto a pequenos


Como a maiores.



















Este ano por primeira vez, e, espéremos que non sexa a última visitounos o Apalpador





















Estivo toda a mañá connosco repartindo libros, e, contándonos como era a súa vida na montaña.



xoves, 20 de decembro de 2018

"Festival de Inverno"


Está todo preparado para celebrar o “Festival de Inverno” no cole.
O noso Apalpador xa está ocupando un espazo de honra na entrada dos cativos. 



Como podedes ver, despois de pasar polas mans de Roberto, quedou impresionante!!! 
A semana foi “a tope” de ensaios para que todo saia ben.
Traballou todo o cole arreo, engalanando os corredores con murais...



Portas con todo tipo de motivos…



Árbores...



Beléns de plastilina


Ou aproveitando os envases de plástico!










domingo, 9 de decembro de 2018

"Chega o Nadal!"

Empezamos cos preparativos do Nadal!
Este ano queremos salientar a figura do noso Papá Noel galego: o Apalpador.
O ' Apalpador' vive na montaña, dedicado a facer carbón. É un xigante que usa boina, unha chaqueta vella e  remendada, fuma en pipa e aliméntase con bagas salvaxes e da carne de xabaril que caza no monte.
Podedes coñecer neste vídeo a súa historia contada polo alumnado de 5º curso do CEIP Nosa Sra de Xuvencos.
.

No cole ímolo ter por todas partes e en distintas versións…
Os máis cativos incluírono na súa árbore de Nadal.


Os maiores están a pintar o que debuxou o profe Roberto para os cativos.


Moitas grazas Roberto!!
Aquí vos deixamos unha preciosa cantiga de Mamá Cabra deste mítico personaxe, que ademais, está en linguaxe de signos.


Os corredores estanse a engalanar con árbores, paisaxes de Nadal…




Trasnos...



E, as portas non quedan atrás!







"Máis de cogomelos"

E seguimos a voltas cos cogomelos!

As pequechas e pequechos de 6º EI tiñan previsto unha xornada micolóxica interesantísima.
O primeiro sería escoitar unha charla de introdución impartida por un membro da Asociación Brincabois, neste caso Amancio.

Como podedes ver escoitaron con moita atención.




















Despois prevíase unha pequena saída á Illa do Covo a recoller cogomelos cos que facer unha exposición.
Xa estaba todo preparado pero…chafouse o día! A choiva fixo imposible  a saída e quedaron coas ganas.

Que mágoa!! O próximo ano haberá máis sorte!

luns, 3 de decembro de 2018

"Revitaliza"


Ao longo da pasada semana todo o cole estivo a traballar arredor da compostaxe.
Na biblioteca puidemos atopar unha selección de bibliografía relacionada co tema.
Títulos tan atractivos como estes.  




Un mestre composteiro veunos dar unha charla para logo levar á práctica o aprendido. 
Aprendemos moitas cousas sobre a compostaxe. Xa sabemos que é o compost, para que serve un composteiro, quen se encarga da descomposición dos restos da comida… e, moito máis.
Como vedes estivemos moi atentos!