E seguimos a voltas cos
cogomelos!
As pequechas
e pequechos de 6º EI tiñan previsto unha xornada micolóxica interesantísima.
O
primeiro sería escoitar unha charla de introdución impartida por un membro da
Asociación Brincabois, neste caso Amancio.
Como podedes ver
escoitaron con moita atención.
Despois
prevíase unha pequena saída á Illa do Covo a recoller cogomelos cos que facer
unha exposición.
Xa estaba
todo preparado pero…chafouse o día! A choiva fixo imposible a saída e quedaron coas ganas.
Que
mágoa!! O próximo ano haberá máis sorte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario