mércores, 16 de xaneiro de 2019

"Roteiro Castelao"



O alumnado de 5º e 6º de EP participamos no “roteiro Castelao” organizado polo Concello de Pontevedra.



Nesta camiñada buscamos a presenza da nosa lingua na cidade seguindo os pasos de Castelao por Pontevedra.




















Durante o percorrido escoitamos atentamente o que Roberto nos contaba sobre a etapa da vida do artista na cidade.


E visitamos a sala dedicada a Castelao no Museo de Pontevedra onde puidemos ver parte da súa obra, e, obxectos persoais do artista.



















Foi interesantisimo, e pasámolo moi ben!!