O
alumnado de 5º e 6º de EP participamos no “roteiro Castelao” organizado polo
Concello de Pontevedra.
Nesta
camiñada buscamos a presenza da nosa lingua na cidade seguindo os pasos de
Castelao por Pontevedra.
Durante
o percorrido escoitamos atentamente o que Roberto nos contaba sobre a etapa da vida
do artista na cidade.
E
visitamos a sala dedicada a Castelao no Museo de Pontevedra onde puidemos ver
parte da súa obra, e, obxectos persoais do artista.
Foi interesantisimo, e pasámolo moi ben!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario