domingo, 14 de abril de 2019

“Madriñas e padriños lectores”


O mércores día 10 de abril, o alumnado de 6º EP acudiu ao CEIP Xunqueira I a lerlle contos ao máis cativos, o alumnado de EI.


Individualmente, en parella, ou en grupos leron os contos aos nenos e nenas de Infantil.


Contaron contos coñecidos, e contos que eles e elas mesmas elaboraron.


Aínda que empezaron cun pouco de vergoña, enseguida se animaron.


O público estivo moi atento!!



domingo, 7 de abril de 2019

"Revitaliza II"

Continuando co plan “Revitaliza”, o alumnado de 5º e 6º EP tivemos  un obradoiro na aula e unha visita a un composteiro comunitario.
Na aula buscamos os organismos vivos que habitan no compost.





Non sabiamos que había tantos!!!


Outro día fomos visitar un composteiro comunitario, onde os mestres composteiros nos explicaron o proceso de descomposición dos restos orgánicos ata chegar a formar o compost para utilizar como abono.








As árbores que plantamos o Día da Árbore foron fertilizadas con ese compost!!


“Seguimos á voltas coa Ciencia”


O venres día 5 de abril a nai dunha compañeira impartiunos un obradoiro interesantísimo.






Extraémoslle o ADN a uns amorodos e a uns plátanos.





Seguindo os pasos que nos marcaban conseguimos extraer e ver o ADN deses froitos.











"Lingua Forza 3"


Hoxe, 4 de abril ás 10 da mañá, os nenos e as nenas de 4º de Primaria tivemos unha actividade no pavillón.
Ao chegar vimos a tres “doutoras” que viñan a curarnos “o virus lingüístico”, que non nos deixa falar en galego.


Fixemos tres probas para comprobar se tiñamos o “virus” e o resultado foi de “leve infección”.








Receitáronnos falar máis galego practicando xogos de palabras, trabalinguas...


Foi unha experiencia moi bonita.
Pasámolo moi ben!!!
                                                                             (Equipo de redacción: 4º EP)

mércores, 3 de abril de 2019

"Meigallo"

O alumnado de 5ºEP e 6º EP gozou hoxe dunha interesantisima actividade.



A través dun divertidismo xogo cooperativo, tivemos que atopar a solución máxica a distintos meigallos que nos propuxeron.


Fixemos un percorrido virtual polos seres mitolóxicos, as lendas e as crenzas populares da nosa Terra arredor dos esconxuros, ritos medicinais…




martes, 2 de abril de 2019

"Mario pensaba que o galego non servía para nada"


Os nenos e nenas de 4ºEI tivemos unha sesión moi divertida. Quique e Carlos viñeron ao noso cole.
Quique contounos a historia de Mario, un neno ao que non lle importaba o galego.

  
Mentres escoitabamos a historia de Mario, Carlos foi debuxando un mural cunha escena do conto.


Ao rematar a narración, Carlos ensinounos a debuxar paso a paso un pirata.








Quedounos de marabilla!



 Se queres ver todas as fotos clica aquí