Hoxe, 4 de abril ás 10 da mañá, os nenos e as nenas de 4º
de Primaria tivemos unha actividade no pavillón.
Ao chegar vimos a tres
“doutoras” que viñan a curarnos “o virus lingüístico”, que non nos deixa falar
en galego.
Fixemos tres probas para comprobar se tiñamos o “virus” e
o resultado foi de “leve infección”.
Receitáronnos falar máis galego practicando xogos de
palabras, trabalinguas...
Foi unha experiencia moi bonita.
Pasámolo moi ben!!!
(Equipo de redacción: 4º EP)
Ningún comentario:
Publicar un comentario