Estamos
preparándonos para a noite máxica de Samaín, tempo de medos e contos
terroríficos. Os corredores comezan estar ambientados.
Na véspera de novembro as mouras poden tomar maridos
mortais e ábrense todas as covas para
que calquera mortal o suficientemente
valente poida botar unha ollada naqueles dominios, para admirar os seus
palacios cheos de tesouros.
Por iso aproveitamos nós esta data para atopar o noso tesouro...
Tivemos que resolver xeroglíficos,
mensaxes secreta, puzzles...
Para empezar cos contos a ver que vos parecen estes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario