Desde que, no ano 2001, a
UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o
Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia.
O obxectivo desta
conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como
calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.
Dende o CPPI Dos Dices de
Rois está fermosa canción para denunciar a situación do noso planeta en
relación ao medio natural e ao cambio climático: "Malia axuda o planeta”
Dende o CEIP Plurilingüe
de Artes propoñen este experimento.
"O ciclo da auga: a choiva"
No noso cole fixemos hai
dous anos varios experimentos, entre eles a erupción dun volcán.
Materiais que precisades:
·
Un volcán
que se pode facer con plastilina, con papel maché..
Temos un xa feito no
Centro por se queredes facer o experimento sen necesidade de facer o volcán.
·
Embude
·
Vinagre
·
Colorante
alimentario
·
Bicarbonato sódico
·
Deterxente
líquido para vaixelas
·
Culler
sopeira e culleriña de sobremesa
Como conseguir unha
erupción?
Nun recipiente bota o
bicarbonato, o colorante e un pouco de
deterxente. Con xabón para lavar os pratos conseguirá un bo resultado.
Axita os elementos ata que
queden ben mesturados.
Bota a mestura no interior
do volcán.
Verte polo cráter do
volcán, con axuda dun embude, un bo chorro de vinagre. Retira rapidamente o
embude e observa a reacción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario