Comezamos a celebración
deste día cunha “chocolatada con churros”. Foi todo un éxito.
Estaban boísimos!!!
Despois un compañeiro e
unha compañeira de 6º leron un pequeno manifesto.
Deixámosvolo aquí xunto
cunha pequena reportaxe gráfica.
Desde o noso centro
CEIP Manuel Vidal Portela, toda a comunidade educativa quere celebrar o Día da
Paz e da Non Violencia, rexeitando todo acto vandálico e manifestando desde
aquí, a Paz entre todas e todos os seres humanos.
O Día da Paz vense
celebrando cada 30 de xaneiro, debido a que, un señor, chamado Mahatma Gandhi,
que foi un líder pacifista, defendeu e promoveu a Non Violencia fronte a
inxustiza e que, ademais, foi asasinado por defender estas ideas de Paz.
Para celebrar e
levar o noso berro de Paz a todas as persoas, plantamos nas nosas aulas, xunto
coas nosas mestras e mestres, a semente da LEDICIA, AGARIMO, PAZ, APERTAS,
BICOS E DE AMOR..... para que estas palabras queden no noso interior e non nos
esquecemos nunca do respecto e da igualdade entre todas e todos os habitantes
do noso planeta chamado Terra.
Ademais, as nenas e
nenos de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, xunto coa nosa
mestra Alicia, ensaiamos unha canción chamada “Campás pola Paz”. A historia
desta canción, versa de dúas persoas chamadas Francisco de Asís e o Sultán
Al-Kamil, que nun bonito xesto de diálogo, reuníronse para celebrar a Paz no
Mundo. Por eso, cada 4 de outubro, soan todas as campás no mundo a mesma hora:
campanarios, carillóns e igrexas de todos os países do mundo.
Despois, o alumnado
de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, imos facer unha “latucada”. As latas,
foron adornadas por elas e eles mesmos para “ Dar a lata o máximo posible” para
que se marche dunha vez por todas a Violencia e veña e se quede con nós a Paz.
Como parte final
deste acto, imos soltar unhas pombas como símbolo de Unión e Paz entre cada un
de nós. Para finalizar, repetide connosco esta frase:
NON HAI CAMIÑO PARA
A PAZ,
A PAZ É O CAMIÑO
Déixovos o resumo que da xornada fixeron as alumnas e os alumnos de 3º EP.
Máis fotos.
Déixovos o resumo que da xornada fixeron as alumnas e os alumnos de 3º EP.
Máis fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario