martes, 20 de novembro de 2018

"Semana da Ciencia"


Mércores 14 e xoves 15 de novembro.

Por primeira vez, este ano, as mestras e mestres de 5º e 6º prepararon un proxecto en común co cole de Viñas en Poio.
Con non pouco esforzo, as nenas e nenos de Viñas prepararon e practicaron unha serie de experimentos para ensinarnos.
Proxectáronnos unha pequena curta sobre Albert Einstein.

Como vedes escoitamos con moita atención!!!


En grupo fomos pasando polas mesas en que expoñían os seus experimentos.







Impresionante!!!




























Tíñanos reservado unha sorpresa…unha gravación para o programa de radio!!



Ata cubrimos unha enquisa sobre o proxecto.




E, como remate, xogamos nenas e nenos dos dous coles xuntos no patio.
Estamos desexando que nos devolvan a visita!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario