venres, 24 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA

  Como cada 23 de febreiro conmemoramos o nacemento da nosa poeta máis emblemática.

Durante toda a semana estivemos facendo nas aulas diferentes Unidades Didacticas sobre a vida e obra de Rosalía.

Como actividade estrela, tivemos o noso Pasapalabra particular sobre a nosa Rosalía.

Ademáis o alumnado de 1º ciclo fixo unha actividade chamada "Rosalía nas nosas vilas" que consistiu nun intercambio telemático co alumnado do C.EI.P VIRXE DA BARCA de Muxía. Onde intercambiaron as vivencias de Rosalía en ambas vilas, ademáis recitaron e cantaron un anaco dun poema  de Cantares Galegos.

E para pechar a semana de Rosalía, fixemos un Serán de Rosalía onde contamos coa actuación do grupo tradicional "OS CHICHISOS" e alumnos e alumnas de diferentes aulas recitaron fermosas poesías.

Bailamos e rimos moito!!!













Ningún comentario:

Publicar un comentario