O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das
Persoas con Discapacidade.
"Baixo o mesmo Paraugas" é unha
iniciativa que agrupa a máis de 85 entidades sociais de toda Galicia unidas
para reivindicar xuntas os dereitos de todas as persoas por igual.
Dende o cole quixemos sumarnos a esta iniciativa e
puxémonos tamén baixo os nosos paraugas.
Amais disto cantamos (incluso as máis atrevidas con linguaxe de signos) e bailamos a canción de Macaco “Somos una marea de gente”
Completamos a nosa aportación con carteis nos que
pretendemos dar visibilidade a este día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario