No noso colexio realizamos unha actividade moi especial na que varios alumnos e alumnas de diferentes cursos participaron nun recital de poesía e adiviñas na residencia de maiores de Campolongo. Esta experiencia permitiunos compartir o noso traballo fóra do centro e achegar a cultura e a ilusión da palabra ao público máis maior.
Durante a visita, o alumnado recitou poemas e presentou adiviñas, creando un ambiente moi emotivo no que se fomentou a comunicación interxeracional e o intercambio de experiencias. Foi unha xornada chea de emoción, respecto e convivencia.
Grazas a esta actividade, vivimos unha experiencia moi enriquecedora que nos axudou a valorar a importancia de compartir a cultura e de achegarnos ás persoas maiores a través da poesía e do xogo da palabra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario