xoves, 23 de marzo de 2023

DÍA DA POESÍA 21 DE MARZO

                                                 


                                                     DÍA DA POESÍA 21 DE MARZO

Este ano celebramos o dia da poesía, saíndo ao patio  e indo por diferentes aulas a ler fermosos poemas.

Ademáis, o alumnado de E.I e primeiro ciclo crearon uns pareados moi simpáticos coa temática que rixe o cole este ano OS POKEMÓNS.

mércores, 8 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

                                                  8  DE MARZO


QUEREMOS UNHA SOCIADADE ONDE DOMINE A IGUALDADE


Para aportar  o noso cachiño de forza na loita a favor da igualdade, esta semana no colexio, traballamos máis especificamente este  tema.

Ademáis o alumnado de 3º de E.P, fixo unha dramatización moi fermosa sobre as mulleres que deixaron pegadas na historia.

venres, 24 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA

  Como cada 23 de febreiro conmemoramos o nacemento da nosa poeta máis emblemática.

Durante toda a semana estivemos facendo nas aulas diferentes Unidades Didacticas sobre a vida e obra de Rosalía.

Como actividade estrela, tivemos o noso Pasapalabra particular sobre a nosa Rosalía.

Ademáis o alumnado de 1º ciclo fixo unha actividade chamada "Rosalía nas nosas vilas" que consistiu nun intercambio telemático co alumnado do C.EI.P VIRXE DA BARCA de Muxía. Onde intercambiaron as vivencias de Rosalía en ambas vilas, ademáis recitaron e cantaron un anaco dun poema  de Cantares Galegos.

E para pechar a semana de Rosalía, fixemos un Serán de Rosalía onde contamos coa actuación do grupo tradicional "OS CHICHISOS" e alumnos e alumnas de diferentes aulas recitaron fermosas poesías.

Bailamos e rimos moito!!!













venres, 17 de febreiro de 2023

ENTROIDO 2023!!!!

                                   

    

                                           ENTROIDO 2023!!!!


Un ano máis  chegou unha das nosas festas favoritas O ENTROIDO, e no Vidal Portela celebrámolo por todo o alto.

O alumnado de segundo e terceiro ciclo fixeron fermosos traballos sobre O entroido galego e expuxéronos polos corredores.

Durante toda a semana estivemos traballando diferentes unidades didácticas sobre esta festa tan tradicional e con tanto peso na nosa Galicia.

Ademáis o venres saímos todos e todas disfrazados e disfrazadas da temática Pokemon, a facer un pequeno desfile ao redor do colexio e o alumnado de 6º realizou unhas coreografías moi chulas.

                                                                   



                                                                   


                                                               Que ben o pasamos!!!


martes, 31 de xaneiro de 2023

DÍA DA PAZ

 


Día da PAZ e da NON VIOLENCIA!

O 30  de xaneiro está adicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de Non Violencia e de Paz. Neste día pretendemos destacar unha educación baseada na solidariedade,tolerancia e respecto aos Dereitos Humanos.

Durante toda a semana nas aulas estivemos traballando sobre este tema con diferentes actividades e fixemos algúns murais moi chulos para decorar os corredoiros.

Recollemos alimentos que foron donados.                            

E o martes 31 saímos ao patio a facer o símbolo da paz coas siluetas de todo o alumnado e do profesorado.

Ademáis, cantamosa unha canción en ucraniano para conmemorar a Paz no mundo, e colgamops cintas simulando as bandeiras dos paises que están en guerra.

Aquí deixamos algunhas fotos.


   
  

                                                  

                           

                                  

  







xoves, 22 de decembro de 2022

O NADAL!!!

                                                

                                                                 O NADAL

Chega o Nadal, e como todos os anos decoramos o colexio, preparamos panxoliñas, e realizamos diferentes actividades para celebralo por todo o alto.

Como non podía ser doutra maneira, un ano máis, contamos coa visita do Apalpador, que nos trouxo agasallos para todas as aulas do cole!!!

                        










venres, 25 de novembro de 2022

25 DE NOVEMBRO

    25 N 


O Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller ou o Día Internacional da Violencia de Xénero conmemórase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as persoas, cando son discriminadas polo seu xénero,  en todo o mundo e esixen políticas en todos os países para a súa erradicación.

Foi declarado Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres no Primeiro Encontro Feminista de América Latina e o Caribe celebrado en Bogotá (Colombia) en xullo de 1981. A data foi elixida para conmemorar o asasinato das tres irmás Mirabal  en República Dominicana, en 1960.

 

En 1999, o día da reivindicación foi asumido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa resolución 54/134 do 17 de decembro de 1999, invitando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a convocar actividades dirixidas a aumentar a opinión pública sobre o Problema de violencia contra as mulleres

 

Dende o noso colexio quixemos conmemorar este día facendo uns LAZOS MOI ESPECIAIS, onde quedaron escritos os mellores desexos do noso alumnado para que se termine a violencia en todas as partes do mundo.











venres, 11 de novembro de 2022

TEMPO DE COGOMELOS



                 A PROCURA DOS COGOMELOS

O alumnado de 4º de E.P  realizou un Obradoiro sobre os cogomelos, onde aprenderon moito  sobre estes  fungos, ademáis puidemos disfrutar dunha exposición da súa colleita nos corredores do colexio.


             


                                  

                                                                           



EXPOSICIÓN DE COGOMELOS:







mércores, 2 de novembro de 2022

SAMAÍN E MAGOSTO


                                                 SAMAÍN

Chega o Samaín, tempo de contar e cantar terroríficas historias.
 O Samaín  é de orixe celta, e nesa noite se celebraba o final da tempada de colleitas e o  principio do  Novo  Ano no calendario celta. 

No cole, para celebralo, organizamos diferentes actividades: exposición de cabazas nos corredores do colexio, contacontos nas aulas, decoración aulas e espazos comúns, terrorífica exposición de contos na biblioteca.
E o xoves o alumnado poderá vir disfrazado para dar moito MEDOOOOOO!

O cole quedou TERRORÍFICO!!!




                                                                  O MAGOSTO


Celebramos  O Magosto  ao mesmo tempo que o Samaín, por iso este ano tivemos un “MAGOSTO DE MEDO”

Preparamos cancións, contos, xogos e nas aulas traballaronse diferentes unidades didácticas sobre esta festividade.

Contamos coa colaboración das familias para facer os cestos para gardar as castañas, que foron asadas no patio do colexio polo castañeiro o xoves 27.

E realizamos xogos tradicionais para todo o alumnado.




.

PASÁMOLO DE MEDOOOO!!!





luns, 10 de outubro de 2022

Visita ao Museo de Pontevedra




 TRAXES TRADICIONAIS GALEGOS


O alumnado de 1º de primaria, foi de visita ao Museo de Pontevedra, e disfrutaron dunha fermosa exposición sobre os Traxes Tradicionais Galegos.


                                                        


Aprenderon moitas cousas que non sabían, tipos de vestimenta, oficios antigos...

Pasárono en grande!