Día da PAZ e da NON VIOLENCIA!
O 30 de xaneiro está adicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de Non Violencia e de Paz. Neste día pretendemos destacar unha educación baseada na solidariedade,tolerancia e respecto aos Dereitos Humanos.
Durante toda a semana nas aulas estivemos traballando sobre este tema con diferentes actividades e fixemos algúns murais moi chulos para decorar os corredoiros.
Recollemos alimentos que foron donados.
E o martes 31 saímos ao patio a facer o símbolo da paz coas siluetas de todo o alumnado e do profesorado.
Ademáis, cantamosa unha canción en ucraniano para conmemorar a Paz no mundo, e colgamops cintas simulando as bandeiras dos paises que están en guerra.
Aquí deixamos algunhas fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario