luns, 25 de febreiro de 2019

"Xa está aquí o entroido!!

O entroido é unha das festas que máis nos gustan, e, este ano promete ser moito mellor.



Comenzamos a semana cunha novidade: este ano, por primeira vez, imos seguir as ordes que nos dará o noso Meco.
Mirade que bonitiño é!


Como podedes ver a súa primeira orde para mañá xa está: "PARA ANIMAR A FESTA TRAEDE ALGO NA TESTA".
A ver con que nos sorprende o alumnado e o profesorado!!!

Por outra banda, a nosa exposición de carteis dos distintos entroidos de Galicia xa vai tomando forma. 




















domingo, 24 de febreiro de 2019

"Poemas no Día de Rosalía"





Durante toda a semana estivemos a escoitar poemas musicados de Rosalía de Castro, pero o máis especial foi o musicado a ritmo de rock!!





Nas aulas traballouse arredor da súa figura, con debuxos, recitado de poemas… 






E preparando os versos dos poemas que lucirán os chanzos das escaleiras do cole.
Xa os veredes!!




martes, 19 de febreiro de 2019

“Un día moi especial”


Hoxe a “cativada” do cole tivo un día moi axitado.
A primeira hora recibiron a visita de Orbil.
Aquí o vedes saudando á nosa mascota!


Foi moi emocionante!!





Despois do recreo foron as máis cativas e cativos os que sorprenderon ao alumnado de E.P.
Percorreron as aulas para recitarlles a súa versión da poesía de A. García Teijeiro “Meniño gaiteiro”.



Que guapos e guapas ían, e que ben o fixeron!


E, mentres, as nenas e nenos de 5º E.I. gozaban dun obradoiro de lingua no que o pasaron xenial.



mércores, 13 de febreiro de 2019

"Día de Rosalía de Castro"



O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, e, temos preparadas varias actividades para a próxima semana.
As máis cativas e cativos do cole foron as primeiras e os primeiros en amosarnos o seu amor pola poesía e a cultura galega.
Hoxe recibiron a visita dun pai dunha compañeira que lles explicou como é a vestimenta dun gaiteiro, e, tocou algunha pequena peza para elas e eles.



Deixárono sorprendido ao recitarlles un pequeno poema que as mestras confeccionaron con pictogramas para que lles resultase máis doado.
"Meniño gaiteiro...


"Meniña gaiteira...






Desfilaron seguindo os seus pasos ao son da música…





E tamén bailaron!!



Como podedes ver pasárono de marabilla!!! 

Clica aquí para ver máis fotos e vídeos




luns, 4 de febreiro de 2019

“Día da Paz”


30 de xaneiro
Como todos os anos este ano tamén celebramos na escola o Día da Paz.
Os corredores estaban adornados con todo tipo de motivos relacionados coa paz, e máis concretamente este ano, con moitas alusións aos pobos indíxenas.























Mirade como quedou algunha porta.


















O recuncho de relixión.





























O recuncho de inglés.


Estivemos traballando nos murais que se exporían, por mor do mal tempo, no pavillón, que como veredes quedaron preciosos.
En vez de celebralo no patio da escola como estaba previsto, mudámonos ao Pavillón Universitario.
Para que a xornada de convivencia fose mellor, o alumnado maior do cole foi recoller aos máis cativos ás súas aulas, e así, da man, dirixíronse cara ao pavillón, para participar xuntos en todos os actos.














Con alimentos non perecedeiros que aportaron as familias, confeccionamos unha enorme palabra PAZ. 




Ao redor dela expuxemos os murais confeccionados polo alumnado, na que se lía a palabra paz en catro linguas indíxenas.














Os alumnos e alumnas de 6º EP fixeron varias lecturas sobre mulleres indíxenas lideresas, para darlle relevancia ao traballo que están a facer polos seus pobos.
O alumnado de 5º EP ofreceunos un precioso espectáculo que combinaba a música cun ritmo levado a cabo con vasos.
E, para rematar, todo o colexio cantou e escenificou unha versión galega da canción “Viva a xente”.
Aínda que por mor do mal tempo non foi posible a solta de pombas como outros anos...foi precioso!!!
Recolléronse 154 kg. que foron entregados ao Banco de Alimentos.

Moitas grazas a todas as familias!!!


Clica aquí para ver a reportaxe completa.

“Mulleres indíxenas activistas”


Mulleres que loitaron e loitan pola paz, a valoración e recuperación das súas tradicións e linguas.
Este ano, participando no proxecto da Unesco, dedicamos estes días, e, en especial o Día da Paz, a coñecer algunhas destas mulleres e, tamén , un pouquiño as súas linguas.
No corredor fixemos unha exposición de carteis, cunha pequena biografía de cada unha delas.







Todo o alumnado do Centro puido contemplala e traballar sobre elas.
O alumnado de 5º elaborou os seus propios carteis dun xeito moi creativo. Vede algún exemplo.










mércores, 16 de xaneiro de 2019

"Roteiro Castelao"



O alumnado de 5º e 6º de EP participamos no “roteiro Castelao” organizado polo Concello de Pontevedra.



Nesta camiñada buscamos a presenza da nosa lingua na cidade seguindo os pasos de Castelao por Pontevedra.




















Durante o percorrido escoitamos atentamente o que Roberto nos contaba sobre a etapa da vida do artista na cidade.


E visitamos a sala dedicada a Castelao no Museo de Pontevedra onde puidemos ver parte da súa obra, e, obxectos persoais do artista.



















Foi interesantisimo, e pasámolo moi ben!!