mércores, 13 de febreiro de 2019

"Día de Rosalía de Castro"



O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, e, temos preparadas varias actividades para a próxima semana.
As máis cativas e cativos do cole foron as primeiras e os primeiros en amosarnos o seu amor pola poesía e a cultura galega.
Hoxe recibiron a visita dun pai dunha compañeira que lles explicou como é a vestimenta dun gaiteiro, e, tocou algunha pequena peza para elas e eles.



Deixárono sorprendido ao recitarlles un pequeno poema que as mestras confeccionaron con pictogramas para que lles resultase máis doado.
"Meniño gaiteiro...


"Meniña gaiteira...






Desfilaron seguindo os seus pasos ao son da música…





E tamén bailaron!!



Como podedes ver pasárono de marabilla!!! 

Clica aquí para ver máis fotos e vídeos




Ningún comentario:

Publicar un comentario