luns, 4 de febreiro de 2019

“Día da Paz”


30 de xaneiro
Como todos os anos este ano tamén celebramos na escola o Día da Paz.
Os corredores estaban adornados con todo tipo de motivos relacionados coa paz, e máis concretamente este ano, con moitas alusións aos pobos indíxenas.























Mirade como quedou algunha porta.


















O recuncho de relixión.





























O recuncho de inglés.


Estivemos traballando nos murais que se exporían, por mor do mal tempo, no pavillón, que como veredes quedaron preciosos.
En vez de celebralo no patio da escola como estaba previsto, mudámonos ao Pavillón Universitario.
Para que a xornada de convivencia fose mellor, o alumnado maior do cole foi recoller aos máis cativos ás súas aulas, e así, da man, dirixíronse cara ao pavillón, para participar xuntos en todos os actos.














Con alimentos non perecedeiros que aportaron as familias, confeccionamos unha enorme palabra PAZ. 




Ao redor dela expuxemos os murais confeccionados polo alumnado, na que se lía a palabra paz en catro linguas indíxenas.














Os alumnos e alumnas de 6º EP fixeron varias lecturas sobre mulleres indíxenas lideresas, para darlle relevancia ao traballo que están a facer polos seus pobos.
O alumnado de 5º EP ofreceunos un precioso espectáculo que combinaba a música cun ritmo levado a cabo con vasos.
E, para rematar, todo o colexio cantou e escenificou unha versión galega da canción “Viva a xente”.
Aínda que por mor do mal tempo non foi posible a solta de pombas como outros anos...foi precioso!!!
Recolléronse 154 kg. que foron entregados ao Banco de Alimentos.

Moitas grazas a todas as familias!!!


Clica aquí para ver a reportaxe completa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario