Con motivo da celebración do Día da Paz, no noso colexio realizamos diversas actividades para promover valores como o respecto, a solidariedade, a convivencia e a amizade. Entre elas, elaboramos un fermoso mural pola paz, inspirado na temática do proxecto deste curso, “Melodías sen fronteiras”, chamado "Figuras pola Paz"a través do cal reflexionamos sobre a importancia da unión entre as persoas máis alá das diferenzas. Ademais, decoramos a palabra PAZ en tamaño xigante utilizando diferentes figuras musicais, combinando creatividade e música para transmitir unha mensaxe de harmonía e entendemento. Estas actividades permitíronnos traballar xuntos e reforzar a importancia de construír un mundo máis pacífico e respectuoso para todos e todas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario