Con motivo da celebración do Samaín no noso colexio, realizamos diversas actividades para gozar desta tradición tan especial. Entre elas, decoramos diferentes espazos do centro con motivos terroríficos e elementos típicos do Samaín, creando un ambiente cheo de misterio e diversión. Ademais, organizamos un Túnel Terrorífico, no que os participantes puideron vivir unha experiencia emocionante e chea de sorpresas. Tamén celebramos os Contacontos de Medo, unha actividade na que escoitamos historias arrepiante e fascinantes que nos achegaron ás lendas e tradicións desta festa. Grazas a todas estas actividades, pasamos uns días moi entretidos e aprendemos máis sobre a cultura do Samaín.
Ningún comentario:
Publicar un comentario