xoves, 23 de abril de 2020

"Día do Libro 2.020"



Hoxe, xoves 23 de abril celébrase o “Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor”, nós non podiamos deixar pasar este día sen dedicarlle unhas liñas.
Nestas datas estariamos preparando as lecturas dos contos para o “apadriñamento lector” que levamos a cabo todos os anos.
Como este ano non é posible o alumnado de 6º EP queremos animarvos a ler, e para iso deseñamos estes fantásticos carteis.
























luns, 24 de febreiro de 2020

Día de Rosalía de Castro


Hoxe, 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía conmemorando o aniversario do nacemento da poetisa.




“Rosalía é umha rosa de cem folhas”
                        (Ricardo Carvalho Calero)


"21 de febreiro: festa de entroido"


Chegou o gran día: a festa de Entroido!
Como este ano a proposta da biblioteca para este curso leva por título “Un mundo de fantasía”, cada nivel ou ciclo elixiu un ser fantástico para o seu disfrace.
Había gnomos, maléficas, ninfas...


Concentramos no patio, e por orde, empezando polos máis cativos demos unha volta pola rúa para volver ao patio.








Xa no patio desfrutamos de varias actuación musicais por parte dos máis cativos e os maiores do patio.



Rematamos bailando con música de Entroido!

martes, 18 de febreiro de 2020

Chegou o Entroido!!



O Entroido é a nosa festa favorita. Encántanos disfrazarnos, por iso, este ano novamente estamos desfrutando esta semana do “xogo do Meco”.
Ata o de agora estas son as ordes que nos foi dando...









Veremos cal é o resultado final!!!


mércores, 12 de febreiro de 2020

"Urco: o rei do Entroido"


Achégase o Entroido!
Deixámosvos aquí un vídeo para que coñezades por que o rei Urco é o rei do Entroido en Pontevedra.
Perdoade os erros!!!




domingo, 2 de febreiro de 2020

"Día da Paz"



Comezamos a celebración deste día cunha “chocolatada con churros”. Foi todo un éxito.

Estaban boísimos!!!






Despois un compañeiro e unha compañeira de 6º leron un pequeno manifesto.

Deixámosvolo aquí xunto cunha pequena reportaxe gráfica.




Bos días a todas e todos!!


Desde o noso centro CEIP Manuel Vidal Portela, toda a comunidade educativa quere celebrar o Día da Paz e da Non Violencia, rexeitando todo acto vandálico e manifestando desde aquí, a Paz entre todas e todos os seres humanos.


O Día da Paz vense celebrando cada 30 de xaneiro, debido a que, un señor, chamado Mahatma Gandhi, que foi un líder pacifista, defendeu e promoveu a Non Violencia fronte a inxustiza e que, ademais, foi asasinado por defender estas ideas de Paz.

Para celebrar e levar o noso berro de Paz a todas as persoas, plantamos nas nosas aulas, xunto coas nosas mestras e mestres, a semente da LEDICIA, AGARIMO, PAZ, APERTAS, BICOS E DE AMOR..... para que estas palabras queden no noso interior e non nos esquecemos nunca do respecto e da igualdade entre todas e todos os habitantes do noso planeta chamado Terra.




Ademais, as nenas e nenos de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, xunto coa nosa mestra Alicia, ensaiamos unha canción chamada “Campás pola Paz”. A historia desta canción, versa de dúas persoas chamadas Francisco de Asís e o Sultán Al-Kamil, que nun bonito xesto de diálogo, reuníronse para celebrar a Paz no Mundo. Por eso, cada 4 de outubro, soan todas as campás no mundo a mesma hora: campanarios, carillóns e igrexas de todos os países do mundo.




Despois, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, imos facer unha “latucada”. As latas, foron adornadas por elas e eles mesmos para “ Dar a lata o máximo posible” para que se marche dunha vez por todas a Violencia e veña e se quede con nós a Paz.










Como parte final deste acto, imos soltar unhas pombas como símbolo de Unión e Paz entre cada un de nós. Para finalizar, repetide connosco esta frase:

NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ,
A PAZ É O CAMIÑO

Déixovos o resumo que da xornada fixeron as alumnas e os alumnos de 3º EP.


Máis fotos.




domingo, 22 de decembro de 2019

"20 de decembro"


Un día do máis axetreado!!!
Recibimos a visita de Papá Noel e do Apalpador que nos trouxeron bombóns e caramelos.





Os nenos e as nenas de 6º EP continuaron pedindo o aguinaldo nas aulas, e os de 4º EP cos seus concertos.




Como remate un partido de fútbol entre o persoal adulto do cole e as nenas e nenos de 6º EP, e, como non!...ganou o alumnado.
Mirade que festa!!!



xoves, 19 de decembro de 2019

"Xa é Nadal"

Como todos os anos, os corredores están engalanados con motivos de Nadal.









Recunchos, portas... 







Este ano propuxémonos facer gran parte dos nosos adornos con material reciclado.








O alumnado de 3º e 4º de primaria amosou as súas dotes musicais cun concerto dirixido por Alicia, a súa mestra de música.




Os de 6º EP non quedaron atrás, e, foron pedir o aguinaldo polas aulas cos seus cantos de reis.



E os máis cativos foron os máis “listos”, coa axuda das súas familias estiveron facendo unhas galletas moi propias destas datas.



martes, 26 de novembro de 2019

"25 de novembro"


O Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller ou o Día Internacional da Violencia de Xénero conmemórase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as persoas, cando son discriminadas polo seu xénero, (a maior parte da violencia exercida polos homes cara ás mulleres) en todo o mundo e esixen políticas en todos os países para a súa erradicación.
Foi declarado Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres no Primeiro Encontro Feminista de América Latina e o Caribe celebrado en Bogotá (Colombia) en xullo de 1981. A data foi elixida para conmemorar o asasinato das tres irmás Mirabal  en República Dominicana, en 1960.

En 1999, o día da reivindicación foi asumido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa resolución 54/134 do 17 de decembro de 1999, invitando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a convocar actividades dirixidas a aumentar a opinión pública sobre o Problema de violencia contra as mulleres.







luns, 18 de novembro de 2019

"O magosto"


Martes 12 de novembro.
Por fin chegou o día do magosto ao cole!
Este ano, como novidade, houbo un festival de Samaín nesta xornada, e, os máis cativos desfrutaron dunha chea de xogos ben divertidos.
Como colofón a tradicional degustación de castañas.
Deixámosvos a  reportaxe que fixo o Diario de Pontevedra.