Xa está aquí o Nadal e no CEIP Manuel Vidal Portela estamos
máis festivos que nunca!
Este ano quixemos celebrar estas datas tan especiais enchendo
o noso cole de espírito de Nadal.
Aquí tedes algunhas
das novidades que vos esperan:
✨ Unha árbore de Nadal
espectacular
Decoramos un fermoso árbore de Nadal que loce con luces
brillantes e adornos cheos de cor. É o centro da nosa biblioteca e está listo
para que todos os que entrades poidades sentir a maxia destas datas.
📚 Sección especial
de libros de Nadal na biblioteca.
Por primeira vez, creamos unha sección específica de libros con
temática de Nadal. Aquí atoparedes contos marabillosos sobre Papá Noel, os
Reis Magos, o Apalpador e moitas aventuras propias desta época tan especial.
Non deixedes pasar a oportunidade de descubrir historias que vos farán soñar!
💌 Buzón de Nadal
Este ano tamén instalamos un buzón de Nadal , onde os máis
pequenos podedes deixar as vosas cartas dirixidas a Papá Noel o Apalpador e
aos Reis Magos. Queremos que todas as vosas ilusións e desexos
cheguen a tempo, así que preparade as vosas cartas e traédeas cando vaiades a
Biblioteca!
Bo Nadal a toda a comunidade escolar do CEIP Manuel Vidal
Portela!
Ningún comentario:
Publicar un comentario