mércores, 13 de maio de 2020

"Letras Galegas 2.020"


Este ano, o autor elixido para as "Letras Galegas 2020", é Ricardo Carvalho Calero. Pero como igual xa sabedes, todos os actos relacionados coa homenaxe a este escritor foron pospostos ata o outono por mor do Covid-19.


Deixámosvos un vído cunha lectura dun poema do escritor recitado por unha docente, que nos parece moi axeitado para esta época de confinamento.



Aínda así, non queremos deixar pasar o "17 de Maio, Día das Letras Galegas", sen recordar a importancia desta conmemoración, data destacada no calendario, por homenaxear a todas aquelas persoas que defenderon o Galego a través da lingua escrita. 
Polo tanto, e como mostra de agradecemento pola súa dedicación, deixamos o seguinte vídeo, unha presentación con todos os escritores e escritoras homenaxeados ao longo dos anos, unha pequena ollada á riqueza do noso Patrimonio Literario.



E despois desta voltiña polos nomes e fotos de todas e todos eles, temos unha proposta especial para vós:
- Elixide un dos escritores ou escritoras homenaxeado ao longo dos anos
- Collede o seu retrato e facede unha caracterización transformándoo nun SER FANTÁSTICO COIDADOR da nosa Lingua, non esquezades poñer o nome do escritor ou escritora.
- Cando o teñades listo, facede unha foto e enviádea ao seguinte correo:
                   manuelvidalportela@gmail.com
- As fotos serán recollidas entre o 18 e o 22 de maio.
Todos os retratos caracterizados recibidos serán expostos conxuntamente polos equipos de Dinamización da Lingua Galega e da Biblioteca do centro nos seus blogs na semana seguinte.


Ningún comentario:

Publicar un comentario