O día 20 de xuño
celebramos o festival de fin de curso. Como o salón de actos se fai pequeño
tivemos que ter dúas sesións.
Os primeiros en subir ao
escenario foron o alumnado de 2º e 3º de E.P. que interpretaron unha fermosa
canción tradicional de Ghana titulada “Simamaka” con acompañamento de
percusión.
Seguíronos os nenos e nenas de 5º E.P. “Gavotte de Dimitri Kabalevsky” (acompañamento de percusión de peza The Comedians).
O alumnado de 4º E.P. subiu ao escenario para interpretar unha canción congoleña “Banaka”.
A continuación tocoulle o turno ao alumnado de 6º A E.P. “Percusión con escobas”.
E seguindo coa percusión (neste caso corporal) foi o alumnado de 6º B o que interpretou o tema “Tumpa”.
E seguindo coa percusión (neste caso corporal) foi o alumnado de 6º B o que interpretou o tema “Tumpa”.
Remataron o festival os nenos e nenas de 5ºA coa proxección dun vídeo e a interpretación dunha canción.
Aproveitouse o festival
para entregar a orla aos graduados de 6º EP e, como non, agradecerlle ás
colaboradoras e colaboradores da biblioteca os seus esforzos entregándolles un pequeno
agasallo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario