Durante
as últimas dúas semanas celebráronse diversas actividades relacionadas coa
conmemoración das Letras Galegas.
No
corredor estiveron expostas dúas exposicións coa biografía do autor e cadernos
con diversas actividades dirixidas a cada un dos niveis, de EI a 6º EP.
A primeira
das semanas comezou cun obradoiro para 6º de Educación Infantil e o outro para 1º e 2º EP
impartido polo “Correo do Vento”.
Mentres un dos artistas contaba a biografía de Antón Fraguas, o ilustrador debuxaba.
Mentres un dos artistas contaba a biografía de Antón Fraguas, o ilustrador debuxaba.
As nenas
e nenas pasárono en grande, e, máis cando para rematar ensináronlle a debuxar a
caricatura de Antón Fraguas.
O
resultado foi maravilloso!!
O venres
10 Montse impartiu unha charla sobre o traxe galego. Explicou como era a vestimenta
hai moitos anos e o nome de cada unha das partes que o compón.
En
directo foi vestindo peza a peza a tres voluntarios/as.
Ao rematar fixeron todos os nenos e nenas unha foto colocándose detrás dos carteis e asomando a cabeza como se estivesen vestidos.
Durante a
semana do 13 ao 16 de maio, e do 21 ao 24 na Biblioteca do Centro está
preparada a “ginkana” cultural en torno á figura de Antón Fraguas e ao proxecto
“Poetas do Lérez”.
Os
equipos, por aula, rotan por 5 recunchos de traballo nos que traballan: bibliografía
relacionada coa figura de Antón Fraguas e o proxecto da Biblioteca, pasatempos,
acróstico (oficios e ferramentas), panel coa biografía do autor, e, para
rematar un mural con antigos oficios galegos.
Para
rematar a semana, o día 16, os máis cativos do cole participaron no Correlingua
para amosar o seu amor pola Lingua Galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario