O
21 de marzo é a data na que se conmemora o “Día da Árbore” e o
“Día da Poesía”. No cole tivemos unha semana moi atarefada.
Todos
os días escoitamos recitado de textos poéticos por compañeiros e
compañeiras de todos os niveis a través da megafonía.
O
día 20 recibimos unha visita moi especial, a das nosas mestras
Estela e Mercedes, e do mestre Miguel.
Prepararon
para nós unhas preciosas presentacións con
poemas e adiviñas nas que participamos todas e todos.
Para
rematar, cantamos e bailamos a fermosa versión de
De
Vacas (Rexurdimente)
do
poema de Rosalía de Castro “Nasín cando as prantas nasen”.
Clica aquí para ver máis fotos
As escaleiras están tamén xa completas cos poemas de Rosalía elixidos: “Adiós ríos, adiós fontes”, para unha entrada.
“Nasín cando as prantas nasen” para a outra.
As escaleiras están tamén xa completas cos poemas de Rosalía elixidos: “Adiós ríos, adiós fontes”, para unha entrada.
“Nasín cando as prantas nasen” para a outra.
O día 21 foi o elixido para facer a plantación de catro fermosos bidueiros na Illa do Covo, e alí mesmo, o alumnado de 5º EP recitou uns poemas coa temática das árbores.
Ata puxemos unha
placa conmemorativa!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario