domingo, 24 de novembro de 2024

25 N

 Para conmemorar este día fixemos unha actividade chamada "BOLBORETAS MORADAS" as cales levaban nas súas ás unhas mensaxes en contra da violencia.









luns, 11 de novembro de 2024

MAGOSTO NO VIDAL MANUEL PORTELA!

 O pasado día 13 de novembro celebramos no cole o día do magosto. 

Nas aulas debuxamos, preparamos cancións, contos...

E, por suposto, non sería un magosto sen a degustación de castañas, que nos fixo o castañeiro no patio.

E rematamos a xornada cunha tanda de xogos tradicionais.

Que ben o pasamos!






martes, 29 de outubro de 2024

UN SAMAÍN TERRORÍFICO NO NOSO COLE!


Esta semana o CEIP Manuel Vidal Portela vestíuse de medo e aventura! Tódolos cursos puideron desfrutar dun Samaín inesquecible que deixou pegada en cada un dos participantes.

A actividade comezou cunha sesión de contacontos aterradora, onde as historias máis arrepiantes atraparon a atención e o imaxinario de todos. Os nenos e nenas sentaron, expectantes, mentres as palabras dos narradores ían debuxando monstros, pantasmas e situacións que fixeron tremer incluso aos máis valentes. Era un momento máxico e, ao mesmo tempo, cheo de suspense!

Pero iso non era todo... despois do contacontos, os alumnos e alumnas foron guiados cara a unha experiencia única e inesquecible: o noso túnel do terror. Ao longo do túnel, preparámoslles sorpresas escalofriantes que, entre risas nerviosas e berros, superaron con valentía e entusiasmo. As luces, os sons e os misterios que agochaba cada recuncho converteron esta actividade nunha aventura que, sen dúbida, quedará na memoria de todos.

A alegría e emoción dos nenos e nenas foron contaxiosas, facendo que esta experiencia fose máis que unha actividade escolar; foi un momento de convivencia, de amizade e de aprendizaxe. Desexamos que estas xornadas de medo e diversión sirvan para alimentar a imaxinación dos nosos estudantes e para facerlles sentir que o noso colexio tamén pode ser un lugar de fantasía e aventura.

Grazas a todos por un Samaín inolvidable!










venres, 11 de outubro de 2024

A NOSA CIDADE

 Este ano o Proxecto  central do cole é a " NOSA CIDADE" a primeira actividade que realizamos foi nomear cada aula co nome dunha prazza ou dun lugar característico de Pontevedra.

Quedaron unhas portas marabillosas!



                                                                 
                                                                 

                                                                 














                                                                                                 
                                             







xoves, 7 de marzo de 2024

8 DE MARZO

                                              8M


O oito de marzo conmemoramos O Día Internacional da Muller.

 Dende as aulas levamos a cabo diferentes traballos, entre os máis destacados a investigación de mulleres galegas que fixeron historia.

E  o alumnado de 2º de E.P fixo unha pequena  dramatización describindo a  cada unha desas mulleres.

 Ademáis fixemos un fermoso mural con mulleres de cine.





domingo, 11 de febreiro de 2024

O ENTROIDO


                                                  O ENTROIDO


Para conmemorar estas datas realizaremos as seguintes actividades:

- Decoración de aulas, corredores e zonas comúns do colexio.

- Durante a semana do entroido alumnado e mestres/as seguirán “As ordes de Piquín”, que cada día nos mandará traer algo dispartado( un calcetín de cada cor, o xersei ao revés...)

- Realización de diferentes unidades didácticas, exposicións de receitas típicas destas datas, exposición de diferentes traballos sobre a orixe do entroido galego e as súas peculiaridades.

- O venres 9 de febreiro todo o alumnado do colexio veu disfrazado, este ano a temática elixida foi o cine debido a  que foi o tema do proxecto da Biblioteca.

Loito polo Ravachol: Este ano quixemos recuperar a tradición de despedir  o entroido como é tradición na nosa cidade, despedindo ao Ravachol. Para elo, o venres 16 de febreiro, mestres /as, alumnado e persoal non docente viñemos vestidos de negro e  choraremos moito pero que moito ao noso Ravachol.









martes, 30 de xaneiro de 2024

DIA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

 

Como todos os anos este ano tamén se celebrou na escola o Día da Paz e da Non Violencia.

Durante estas semanas traballouse nas aulas este tema.

 

Dende o cole pretendemos destacar a importancia dunha educación dende a tolerancia e solidaridade.

Fixemos diferentes actividades para concienciar da súa importancia, entre elas saímos ao patio para realizar as seguintes:

 

“ AS NOSAS PELÍCULAS POLA PAZ”:

Cada curso realizou un mural referente a unha película relacionada coa Paz.

Saíuse ao patio e xuntaranse todos os murais formando unha especie de fotograma ,par despois colocalo no corredor do centro do colexio.




LECTURA MANIFESTO DA PAZ, foi lido por alumnado de 6º de E.P.

BAILE E CANTE DA CANTAROLA DOS NENOS E NENAS:

O alumnado de E.I bailou e cantou esta fermosa canción

SOLTA DE POMBAS : no patio soltamos pombas como símbolo da Paz.



LECTURA LIBROS SOBRE A PAZ: Durante toda a semana na biblioteca do colexio realizaronse lecturas sobre a paz na hora do recreo.

 

“RECOLLIDA DE ALIMENTOS”: durante esta semana recollemos alimentos no colexio para doar ao Banco de alimentos.


xoves, 21 de decembro de 2023

O NADAL

                                                   O NADAL


Un ano máis chegou o Nadal  e para celebralo decoramos o colexio e tivemos a visita do Apalpador que nos trouxo uns agasallos por aula.

Ademáis despedimos o ano cunhas badaladas moi especiais.




domingo, 26 de novembro de 2023

25 NOVEMBRO

 

Para conmemorar este día fixemos uns fermosos muráis onde os nenos e nenas por cico plasmaron  as súas pegadas das mans en cor branca nun fondo morado co lema “TODOS CONTRA A VIOLENCIA.”




xoves, 2 de novembro de 2023

O MAGOSTO

 

                                        O MAGOSTO

Celebramos  O Magosto  con moita ilusión.

Preparamos cancións, contos, xogos e nas aulas traballáronse diferentes unidades didácticas sobre esta festividade.

Contamos coa colaboración das familias para facer os cestos para gardar as castañas, que foron asadas no patio do colexio polo castañeiro.