Este ano o Proxecto central do cole é a " NOSA CIDADE" a primeira actividade que realizamos foi nomear cada aula co nome dunha prazza ou dun lugar característico de Pontevedra.
Quedaron unhas portas marabillosas!
Este ano o Proxecto central do cole é a " NOSA CIDADE" a primeira actividade que realizamos foi nomear cada aula co nome dunha prazza ou dun lugar característico de Pontevedra.
Quedaron unhas portas marabillosas!
8M
O oito de marzo conmemoramos O Día Internacional da
Muller.
Dende as aulas levamos a cabo diferentes traballos, entre os máis destacados a investigación de mulleres galegas que fixeron historia.
E o alumnado
de 2º de E.P fixo unha pequena
dramatización describindo a cada
unha desas mulleres.
Ademáis
fixemos un fermoso mural con mulleres de cine.
O ENTROIDO
Para conmemorar estas datas realizaremos as
seguintes actividades:
- Decoración de aulas, corredores e zonas comúns do
colexio.
- Durante a semana do entroido alumnado e
mestres/as seguirán “As ordes de
Piquín”, que cada día nos mandará traer algo dispartado( un calcetín de
cada cor, o xersei ao revés...)
- Realización de diferentes unidades didácticas,
exposicións de receitas típicas destas datas, exposición de diferentes
traballos sobre a orixe do entroido galego e as súas peculiaridades.
- O venres 9 de febreiro todo o alumnado do colexio
veu disfrazado, este ano a temática elixida foi o cine debido a que foi o tema do proxecto da Biblioteca.
Loito
polo Ravachol: Este ano quixemos recuperar a tradición de
despedir o entroido como é tradición na
nosa cidade, despedindo ao Ravachol. Para elo, o venres 16 de febreiro, mestres
/as, alumnado e persoal non docente viñemos vestidos de negro e choraremos moito pero que moito ao noso
Ravachol.
Como todos os anos este ano tamén se celebrou na
escola o Día da Paz e da Non Violencia.
Durante estas semanas traballouse nas aulas este
tema.
Dende o cole pretendemos destacar a importancia
dunha educación dende a tolerancia e solidaridade.
Fixemos diferentes actividades para concienciar da
súa importancia, entre elas saímos ao patio para realizar as seguintes:
“ AS NOSAS PELÍCULAS POLA PAZ”:
Cada curso realizou un
mural referente a unha película relacionada coa Paz.
Saíuse ao patio e
xuntaranse todos os murais formando unha especie de fotograma ,par despois
colocalo no corredor do centro do colexio.
LECTURA MANIFESTO DA PAZ, foi lido por alumnado de 6º de E.P.
BAILE
E CANTE DA CANTAROLA DOS NENOS E NENAS:
O alumnado de E.I bailou e
cantou esta fermosa canción
SOLTA
DE POMBAS : no patio soltamos pombas como símbolo da Paz.
LECTURA
LIBROS SOBRE A PAZ: Durante toda a semana na biblioteca do colexio realizaronse lecturas
sobre a paz na hora do recreo.
“RECOLLIDA
DE ALIMENTOS”: durante esta semana recollemos alimentos no colexio para doar ao Banco de
alimentos.
O NADAL
Un ano máis chegou o Nadal e para celebralo decoramos o colexio e tivemos a visita do Apalpador
que nos trouxo uns agasallos por aula.
Ademáis despedimos o ano cunhas badaladas moi
especiais.
Para conmemorar este día fixemos uns fermosos muráis onde os nenos e nenas por cico plasmaron as súas pegadas das mans en cor branca nun fondo morado co lema “TODOS CONTRA A VIOLENCIA.”
O MAGOSTO
Celebramos O Magosto con moita ilusión.
Preparamos cancións, contos, xogos e nas aulas traballáronse diferentes unidades didácticas sobre esta festividade.
Contamos coa colaboración das familias para facer os cestos para gardar as castañas, que foron asadas no patio do colexio polo castañeiro.
CAMIÑO DE SANTIAGO
Por segundo ano consecutivo, parte do alumnado do colexio levou a cabo un pequeno tramo do Camiño de Santiago.
Foi unha xornada fabulosa e con moita calor!!
Que ben o pasamos!