mércores, 16 de febreiro de 2022

23 FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA.

O 23 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía de Castro, celébrase este día xa que é a data do seu nacemento.









Aquí vos deixamos agunhas ligazóns con diferentes unidades didácticas para poder traballar a súa figura:
 

1º e 2º de E.P: https://es.calameo.com/read/006704766eb12b05c836e

3º e 4º de E.P:  https://es.calameo.com/read/006704766be13afdee92e

5º E 6º de E.P: https://es.calameo.com/read/0067047662f0e4b46eb4c


XOGOS INTERACTIVOS:

https://view.genial.ly/5ff75e8bc217200ce77cc6d5

https://view.genial.ly/61ef0aca2dd7bf001347b1be



RECITAL POEMAS:







Todo o alumnado realizou unha actividade que lles gustou moito, chamada "A XINCANA DA NOSA LINGUA"

os nenos e nenas tiñan que ir acertando preguntas sobre a vida de Rosalía e buscando as piustas por todo o colexio, para formar un bonito mural  ed decoramos os corredores.

Despois de realizalo levaron unha chapa da nosa autora preferida.

 

        


venres, 21 de xaneiro de 2022

A PAZ 2022

O 30 de xaneiro conmemoramos o día da PAZ E DA NON VIOLENCIA.
Temos moitas cousas preparadas para facer durante toda esta semana.
Por agora, deixamos algúnha cación e actividades para que vaiades aprendedo!!!








Aquí vos deixamos algunhas actividades interactivas para  xogar e cantar:



Aquí vos deixamos algúns dos traballos que fixemos ao longo deste mes:

· Baile e coreografía de todo o cole coa canción "Contágiame tu Paz"

  


· Decoración de corazóns relacionados coa temática da canción, os cales foron colgados nas portas das aulas e polos corredores.





    · Todo o alumnado do centro decorou as escaleiras con bonitos poemas e frases da Paz e tolertancia.



 

 · Esta semana puidemos disfrutar dun espectáculo de maxia moi singular. "A igualdade non ten truco". Pasámolo moi ben.








martes, 21 de decembro de 2021

NADAL 2021

 Chegamos a estas datas cunha situación un pouco especial, debido a pandemia, pero non quixemos que os ánimos caeran e decoramos o cole con moita ilusión. Ademáis,despedimos o trimestre cunhas badaladas moi peculiares e a visita do Señor Apalpador, que deixou uns agasallos en cada clase.

 Aquí vos deixamos algunhas fotiños.











       


mércores, 24 de novembro de 2021

SAÍDAS AO MERCADO

 O noso alumnado pasouno en grande visitando o mercado!!!






                       

                        

xoves, 11 de novembro de 2021

O NOSO MAGOSTO

  Para celebrar o Magosto este ano comemos as castañas no noso patio.

Bailamos e rimos moito acompañadas e acompañados dun gran DJ!!










mércores, 3 de novembro de 2021

SAMAÍN

 Este ano para celebrar o Samaín  veunos visitar unha bruxa moi despistada a "Bruxa Maruxa".

Todos nenos e nenas disfrutaron deste fermoso contacontos.






 




A decoración do colexio este ano foi verdadeiramente TERRORÍFICA!!! e o alumnado trouxo unhas cabazas que metían MEDO!!!























mércores, 27 de outubro de 2021

XA ESTAMOS DE VOLTA!

 


Ola! xa estamos de volta e neste novo curso con máis ilusión que nunca.

Xa puidemos volver a colgar algunha saída  e actividades de varios cursos no noso tablón de anuncios!

Aquí quedan algunhas fotos da sáida que fixo o alumnado de 4º de E.P, ao museo para participar na actividade "Pontevedra cidade Lorquiana"

Onde coñeceron moitas curiosidades deste gran poeta no seu paso pola nosa cidade.


                       






mércores, 23 de xuño de 2021

FESTA DE FIN DE CURSO

 Chegamos ao final deste curso tan díficil, queremos  agradecer a todas as familias,aos  compañeiros e compañeiras, pero especialmente queremos valorar o gran esforzo levado a cabo por todos os nenos e nenas e o  seu comportamento exemplar  no referente a situación que tivemos que vivir por  esta pandemia. 

Sodes uns CAMPIÓNS E CAMPIONAS!!!

Para  despedir este curso fíxémolo cunha gran festa organizada polo ANPA do colexio.

Grazas a todos e todas!









Día do Medio Ambiente

 

                    5 DE XUÑO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


O día 5 de xuño conmemoramos o día Mundial do Medio Ambiente e no cole fixemos unha fermosa exposición de carteis relacionados co  proxecto central do colexio deste ano "CO CAMBIO TODO CAMBIA "

http://bibliopiquin.blogspot.com/2021/05/dia-mundial-do-medio-ambiente-2021.html




martes, 4 de maio de 2021

Letras Galegas 2021

 

                                        LETRAS GALEGAS 2021


Achégase o 17 de maio! 

Neste día  conmemoramos as Letras Galegas.
 Este ano a autora homenaxeada é Xela Arias.
Naceu en Sarria, pero dende moi pequena trasladouse a vivir á cidade de Vigo.
 Xela destacou no ámbito profesional como poeta, como tradutora e como activista social .
Formou parte da Asociación de Tradutores Galegos grazas aos diferentes premios que acadou no campo da tradución.

Nesa semana faremos diferentes xogos e actividades en relación á vida e obra de Xela, algúns dos cales poderedes atopalos nos seguintes enlances, así como  información sobre a súa biografía e obra.


Documental RAG: XELA ARIAS. A PALABRA ESGAZADA

 Consta de 6 capítulos sobre a vida e obra de Xela.

https://academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-177635

Outros recursos...

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas

https://primaveradasletras.gal/

http://www.seminariogalan.org/



A Banda da Loba: INTEMPÉRIOME




Algúns dos traballos feitos nesta semana...


Infantil 6ºB


1º de Primaria