xoves, 19 de decembro de 2024

FESTIVAL DE NADAL

Rematamos o trimestre celebrando o Nadal no cole.
No Festival que fixemos hoxe, gozamos de actuacións e dunha obra de teatro que nos encantou, interpretada polo alumnado de 4º B, chamada "A Cidade das Cores".

A demáis, despedimos o ano cunhas badaladas moi especiais.











BON NADAL!!!

domingo, 8 de decembro de 2024

CHEGA O NADAL!

 

 Xa está aquí o Nadal e no CEIP Manuel Vidal Portela estamos máis festivos que nunca!

Este ano quixemos celebrar estas datas tan especiais  enchendo  o  noso cole de espírito de Nadal.

 Aquí tedes algunhas das novidades que vos esperan:

✨ Unha árbore de Nadal espectacular
Decoramos un fermoso árbore de Nadal que loce con luces brillantes e adornos cheos de cor. É o centro da nosa biblioteca e está listo para que todos os que entrades poidades sentir a maxia destas datas.

📚 Sección especial de libros de Nadal na biblioteca.
Por primeira vez, creamos unha sección específica de libros con temática de Nadal. Aquí atoparedes contos marabillosos sobre Papá Noel, os Reis Magos, o Apalpador e moitas aventuras propias desta época tan especial. Non deixedes pasar a oportunidade de descubrir historias que vos farán soñar!

💌 Buzón de Nadal
Este ano tamén instalamos un buzón de Nadal , onde os máis pequenos podedes deixar as vosas cartas dirixidas a Papá Noel o Apalpador e aos Reis Magos. Queremos que todas as vosas ilusións e desexos cheguen a tempo, así que preparade as vosas cartas e traédeas cando vaiades a Biblioteca!

Bo Nadal a toda a comunidade escolar do CEIP Manuel Vidal Portela!