“Non hai camiño
para a paz: a paz é o camiño".
Mahatma Ghandi
O 30 de xaneiro
celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos
unha cultura de non violencia e paz. Neste día pretendemos destacar
unha educación en, e, para a solidariedade, a tolerancia e o
respecto aos Dereitos Humanos.
Os centros
educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre
persoas de distinta procedencia e modos de pensar.
Este ano dende
Escolas Asociadas Unesco preténdese dar a coñecer a figura de Rosa
Parks.
Rosa Parks foi unha
activista afroamericana, figura importante do movemento polos
dereitos civís en Estados Unidos, en especial por negarse a ceder o
asento a un branco e moverse á parte traseira do autobús en
Montgomery, Alabama (Estados Unidos), o 1 de decembro de 1955. Por
tal acción acabou no cárcere pero desatou un movemento social
contra o racismo sen precedentes no seu país.
Durante toda a
semana dende os máis cativos ata os maiores realizaron actividades
relacionadas con este día.
Adornamos os
corredores e as aulas.
Traballamos en torno
á figura de Rosa Parks.
Ata montamos un vídeo
con mensaxes de paz no que colaboraron todos os cursos... a
marabillosa “sopa de paz” que cociñaron os máis cativos,
mensaxes de produción propia ou de escritores, músicos... de todos
os estilos como John Lenon ou Jimy Hendrix.
Aquí tedes unha pequena mostra, o vídeo completo estará dispoñible na páxina web do Centro.