Durante estas semanas traballouse nas aulas este tema.
Dende o cole pretendemos destacar a importancia dunha educación dende a tolerancia e solidaridade.
Fixemos diferentes actividades para concienciar da súa importancia, entre
elas saímos ao patio para realizar as seguintes:
- Canción e baile " VIVAN AS MANS DE MOITAS CORES" .
- lectura de manifesto por parte do alumnado de 6º de E.P
- Interpretación do 2Himno da Alegría" por parte do alumnado do 2º e 3º Ciclo coa frauta.
- Realización do mural "O LÉREZ POLA PAZ"
- Solta de pombas.
Agardamos que todas estas actividades nos axuden a construír, entre todos, un centro onde a paz non sexa só unha palabra, senón unha forma de convivir cada día.