martes, 29 de outubro de 2024

UN SAMAÍN TERRORÍFICO NO NOSO COLE!


Esta semana o CEIP Manuel Vidal Portela vestíuse de medo e aventura! Tódolos cursos puideron desfrutar dun Samaín inesquecible que deixou pegada en cada un dos participantes.

A actividade comezou cunha sesión de contacontos aterradora, onde as historias máis arrepiantes atraparon a atención e o imaxinario de todos. Os nenos e nenas sentaron, expectantes, mentres as palabras dos narradores ían debuxando monstros, pantasmas e situacións que fixeron tremer incluso aos máis valentes. Era un momento máxico e, ao mesmo tempo, cheo de suspense!

Pero iso non era todo... despois do contacontos, os alumnos e alumnas foron guiados cara a unha experiencia única e inesquecible: o noso túnel do terror. Ao longo do túnel, preparámoslles sorpresas escalofriantes que, entre risas nerviosas e berros, superaron con valentía e entusiasmo. As luces, os sons e os misterios que agochaba cada recuncho converteron esta actividade nunha aventura que, sen dúbida, quedará na memoria de todos.

A alegría e emoción dos nenos e nenas foron contaxiosas, facendo que esta experiencia fose máis que unha actividade escolar; foi un momento de convivencia, de amizade e de aprendizaxe. Desexamos que estas xornadas de medo e diversión sirvan para alimentar a imaxinación dos nosos estudantes e para facerlles sentir que o noso colexio tamén pode ser un lugar de fantasía e aventura.

Grazas a todos por un Samaín inolvidable!










venres, 11 de outubro de 2024

A NOSA CIDADE

 Este ano o Proxecto  central do cole é a " NOSA CIDADE" a primeira actividade que realizamos foi nomear cada aula co nome dunha prazza ou dun lugar característico de Pontevedra.

Quedaron unhas portas marabillosas!