SAMAÍN
Chega o Samaín, tempo de contar e cantar terroríficas historias.
O Samaín é de orixe celta, e nesa noite se celebraba o final da
tempada de colleitas e o principio do Novo Ano no calendario
celta.
No cole, para celebralo,
organizamos diferentes actividades: exposición de cabazas nos corredores do colexio, contacontos nas aulas, decoración aulas e espazos comúns, terrorífica exposición de contos na biblioteca.
E o xoves o alumnado poderá vir disfrazado para dar moito MEDOOOOOO!
O cole quedou TERRORÍFICO!!!
Celebramos O Magosto ao mesmo tempo que o Samaín, por iso este ano tivemos un “MAGOSTO DE MEDO”
Preparamos
cancións, contos, xogos e nas aulas traballaronse diferentes unidades didácticas sobre
esta festividade.
Contamos coa colaboración das
familias para facer os cestos para gardar as castañas, que foron asadas no
patio do colexio polo castañeiro o xoves 27.
E realizamos xogos tradicionais para todo o alumnado.
.
PASÁMOLO DE MEDOOOO!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario