LETRAS GALEGAS
Este ano as Letras Galegas están adicadas a Francisco Fernández del Riego.
Durante este mes das Letras, no cole fixemos diferentes unidades didácticas sobre o autor e puidemos disfrutar dunha exposición duns bonitos carteis.
Ademáis, en colaboración co Equipo de Biblioteca, poidemos realizar como xa é tradición a Xincana das Letras.
Unha das tarefas propostas tiña como obxectivo a elaboración dun mural con retratos das persoas homenaxeadas ao longo dos 60 anos das Letras Galegas. Para ver máis imaxes da participación nestas xornadas podedes acceder á Galería da web do centro clicando na seguinte imaxe co resultado final dese mural:
Outra das actividades, que fixemos este mes foi un intercambio telemático, co C.E.I.P Virxe da Barca de Muxía, chamada "Falares Galegos" onde o alumnado, puido escoitar a peculiaridade do galego que se fala na Costa da Morte.